lunes, 2 de febrero de 2009

Con GRAN de Wyoming

Outra vez se demostran os meus “post” anteriores sobre a forma de facer periodismo neste país. Falo do vídeo do Gran Wyoming que apareceu en youtube e que foi comentado en case tódolos medios de comunicación de España estes días. O contido do vídeo saía un Wyoming cabreado e insultante contra unha becaria do seu programa.

Remato de ver o programa de Wyoming “ El Intermedio” da Sexta no cal descubriron que foran eles mesmos os que argallaron esta historia para a cadea Intereconomía. Creo que xa está sufientemente demostrado entre o programa “Se lo que hicisteis” coa plataforma de apoio da prensa rosa e “El Intermedio” co vídeo do Wyoming que a profesionalidade nalgúns medios de comunicación é nula.

Isto foi o que comentaron en Selo que Hicisteis esta mesma tarde uns cracks !!! Chapó !!! .