domingo, 29 de noviembre de 2009

“En clave de do” fotografía, música e poesía contra os malos tratos.

Teño que dicir que sinto moito non ter moito tempo para o meu recunchiño en internet.

O día 25, mércores, inagurouse unha exposición no ateneo de Ourense, a cal asistín, e boteille unha ollada ás fotografías. Recomendo que asistades porque e interesante esta mezcla entre fotografía, letras de cancións e poesías cun fin tan importante como é loitar contra a violencia de xénero. A exposición remata o 8 de Decembro, día no que arrancará a diferentes puntos de España.

Esta exposición conta con 17 fotógrafos, que expoñen 35 fotografías en colaboración con diferentes grupos musicais coma: Los Suaves, coa canción 'No grites'; Lujuria, con 'Espinas en el corazón'; Reincidentes, con 'Ay, Dolores'; Boikot, con 'Bajo el suelo'; Mago de Öz, con 'Hasta que tu muerte nos separe'; Amaral, con 'Salir Corriendo'; Alioth, con 'Hielo'; La Sombra, con 'Entre el odio y el amor'; Los Cucas, con 'Malos Tratos'; Pasión Vega, con 'María'; Bebe, con 'Malo'; Ska-P, con 'Violencia Machista'; Def con Dos, con 'Ellas denunciaron'; Ismael Serrano, con 'Caperucita'; Aspid, con 'Flores Deshojadas'; Red Wine, con 'Flor de Metal'; Orishas, con 'Mujer'; Mala Rodríguez, con 'Nanai'; e Merche, con 'Abre tu mente'.

Se non te podes achegar teñen unha web na que podes votarlle unha ollada
http://www.enclavededo.org/