domingo, 30 de noviembre de 2008

Isto vai para todos,grazas!!

Para todos os que resistides, aqueles que loitades por unha meta,por todos os que buscades un largo sendeiro que acotío sen vos complica, os que intentades cumprir o comezo do fin que vos marcastes soamente coa vosa axuda. Tedes o necesario para guiarvos e moito para perdervos, non estades solos nin nunca o estaredes.

viernes, 28 de noviembre de 2008

Fai algún tempo


Outro día mais estou a recordar pequenos detalles que pasaron pola miña vida, moitas veces eses detalles son os que marcan as diferenzas de facer e actuar.


Nesta ocasión recordei como chegou un CD con vídeos ata min,daquelas estabamos realizando un programa de radio en Carballiño, posto que nos escoitaba xente mandaban todo tipo de historias e mensaxes. Recordo ese día, entre os papeis apareceu un CD eu supoñía “será música para dedicar”, inda así aparteino para súa clasificación.


Estabamos en directo na radio e recordo que metín o CD no ordenador comezando a indagar no seu contido, de súpeto empezo a ver un vídeo que nun primeiro momento denomino como doméstico. A verdade que me causou unha especie de intriga, xa non por unha historia de ficción que se podía ver no vídeo, senón a colocación das cámaras e creatividade con que estaban montadas esas imaxes.


Non tardei en desconfiar en que os da TV de Carballiño perderan ese vídeo, e chegara a nosa redacción extraviado posto que estamos un o lado dos outros. Pero o comentarllo, eles non sabia nada o respecto, e mais ,que se quedaron a ver o vídeo!!. Eu seguía pensando que os da TV me estaban tomando o pelo, insistía e preguntaba unha e outra vez.


Esa noite recordo que nos xuntamos un grupo de xente para ver o vídeo que duraba mais de unha hora. Nin coa película terminada de ver tiña claro quen fora o autor da mesma, a resposta tardou hasta o día seguinte. Así me din conta de hai xente con iniciativa e intereses.


Os dous rapaces da foto Rubén e Santiago eran os autores, tal coma son “eu” non podía evitar votarlles unha man inda que fora pouco. Fai uns meses rematan de estrear o seu último traballo “ Caminando en la Oscuridad ” nese estreo o aforo da Casa da Cultura quedouse moi pequeno tendo que facer dous pases mais.


Eu xa sabia que coas ganas de querer facer e divertíndose pódese aprender moito. . . aprendamos o resto.


jueves, 27 de noviembre de 2008

Deixade opinar os xoves . . . ou non opinamos.

Hoxe estou algo “desgustado” por dicilo dalgunha maneira, estiven indagando sobre temas de xuventude e o que me topei non me agradou nada, sempre pensei que a xuventude estaba mellor valorada e agora descubro que os tópicos existen.

Teño escoitado que a “xuventude e unha enfermidade que se pasa con tempo”; non estou dacordo, cando pasas a túa xuventude esquécense os problemas reais que teñen os xoves neste e noutros países. Os que teñen as ferramentas para poder cambiar o establecido esquecen que tamén foron xoves coma nos.


A cotío escoitamos que non somos puntuais, inexpertos en anti sistema ... pero eu penso que non poden poñernos una etiqueta en mandarnos o caixón por ser un problema. Creo firmemente que “nos pobos nos que a xuventude non pensa, por medo os erros ou as dubidas, están destinados a ser colonizados”. Por isto quero saber se os xoves teñen opinión, ou quizais falan por nos sen sabelo.


Hai moito traballo por diante e non so basta cunha intención política de crear un novo Ministerio da Xuventude se non se lle aplican ferramentas eficientes, que estean dotadas con partidas económicas que nestes intres non se aplican.
Temos que recoñecer que estamos mellor que no 2004 que a xuventude tiña un 22% de paro e nestes intres estamos nun 18% e a precariedade laboral no 2004 era dun 53% agora hai unha pequena mellora dun 51% non me quero esquecer da vivenda e as becas para a xuventude que inda estamos moi verdes. No exemplo das becas temos un dato moi mellorable a media de becas en España e un 7% e a media Europea e de un 17%. Quérome remitir a Suecia un país que ten unha media de becas por estudante dun 28% sendo considerado coma una axuda a primeira emancipación dos xoves dese pais.

A nosa comunidade autónoma “Galicia” ten a competencia de vivenda, por isto quero mandar a miñas inquedanzas neste tema por tocarme de preto.
A Consellería de Vivenda aquí en Galicia tiña moitas novidades de cara os xoves durante os últimos 4 anos, de esas novidades eu considero que as vivendas sociais construídas non son ás suficientes , no seu plan sectorial marcan unha cantidade e agora resulta que ata o 2013 non as terán rematadas. A xestión da renda básica de emancipación foi un desastre, noutras comunidades os 3 ou 4 meses estaban cobrando os 210€ aquí houbo retrasos de ata 7 meses. O fomento o aluguer esta moi ben inda que insuficiente, non escoitei propostas novas con respecto as do Goberno Español.

Agora tedes que decir; non dis nada novo, claro que non o digo. . . pero creo que moitos xoves agora teñen que recordar que teñen cabeza para pensar. A non opinión, implicación e realización de actividades nas nosas propias vilas ou cidades causan noso dito “Aquí aburrímonos, non temos nada que facer e non hai futuro”. Que sigan opinado por nos ou que fagan outros non?

miércoles, 26 de noviembre de 2008

O personaxe que defendía un pobo

Hai unha noticia “comentario” do defensor do pobo que esta pasando en puntillas polos medios de comunicación, e non debería de ser así,se a prensa sempre nos falan de comentarios!!. Enrrique Múgica suposto defensor do pobo realizou un comentario dende os micros da cadea de radio “cope” que a min persoalmente me molestou. Esta foi a resposta a unha pregunta que lle realizaron:

Cristina López “cope” . ¿Que le diría Vd. a quienes piensan que el toreo es una tontería?

Enrrique Múgica “contesta”. Hablar a tontos es muy difícil. Hablar a tontos es muy difícil. Mire Vd., no hay argumentos racionales para defender el toreo, es decir, yo recuerdo... cuando hay que defender el toreo yo pienso siempre para defenderlo en aquellos filósofos ateos del siglo XIX que querían demostrar racionalmente la existencia de Dios (!). Mire Vd., es estúpido demostrar racionalmente la existencia de Dios, se cree o no se cree, es una sensibilidad suprema. La creencia o no la creencia. Pues lo mismo pasa en los toros. Defender racionalmente a los toros... hay algunos que pretender defender racionalmente a los toros, pero la ?????? de los toros pues se agarran a la critica a otros... a otras cazas (!) al deporte, etc. Es una sensiblidad: o crees o no crees. O tienes sensiblidad o no tienes sensiblidad para apreciar la estética del toro. Yo tengo sensiblidad. Vaya Vd. a los tontos a demostrarles eso. No cabe la demostración.

Grazas departe dun tonto de entre o 71% de españois que no temos interese nos espectáculos taurinos, supoñía que esta persoa era a encargado de velar polos nosos intereses ante os abusos,¿que opinará do maltrato animal?.

martes, 25 de noviembre de 2008

O amor en formato HD

Quero falarvos de TV e amor, si non se me foi a pinza !! teño en mente o programa de Telecinco “ Mujeres y Hombres y Viceversa “.

Este e un formato de TV un tanto pintoresco e estraño o meu parecer , o primeiro programa desta saga foi en Italia “ igual que o dono da cadea onde se emite “ lóxico en Italia tamén existe Telecinco. Un home “ candidato “ ten un aren para elixir entre mulleres, o final de moitas citas e peripecias este candidato terá que elixir ou non unha muller como moza. Non estou encontra de que topen o amor estas persoas “ pobres se fora non topan “, pero si e certo que elixen ben os “candidatos” cun escelente montaxe irreal.

Para empezar a maior parte deles están en axencias de Modelos, traballan no mundo da noite, ou son cércanos o mundo de actor ou “ famosillos ”. Para continuar dende que vexo algún programa doume conta das ganas de moitos de ser famosos a conta deste “ estupendo “ programa. Para rematar espero que nalgún momento se acerquen un pouco a realidade e deixen de mentirnos.

¿Sodes seguidores deste programa? sabede que podedesvos enterar de todo unha semana antes de que as cousas sucedan no programa "pedazo de actores".
Isto non deixa de ser unha opinión dunha persoa,sigo mantendo un respeto a “certas” que entraron na “ peripecia do amor “ ;) .

lunes, 24 de noviembre de 2008

Limosnas ou Medio Ambiente.

Estamos asistindo a maior revolución medioambiental que recordamos na historia. Hoxe en día falar con termos como o de “eco” e un cambio nas nosas formas de actuar.

Tódolos anos hai novidades no medio ambiente, esta tomando as formas dun mercado que xera beneficios millonarios. Agora existen mais novidades para poder mellorar o entorno e que podamos sentirnos mellores persoas, inda que coido que a metade destas iniciativas das empresas son para aproveitarse deste cambio na sociedade. Casa de madeira, urbanizacións ecolóxicas, fungos que producen biocumbustible, aparellos de menor consumo, enerxías limpas . . . ata o último captura de CO2. Os avances neste campo son moi amplos e variados para a vida de acotío da persoas e as empresas, agora non todo será o económico e factible que se nos pretende facer ver.

Un exemplo claro e a publicidade dos produtos que se denomina ecolóxicos, antes amosaban un produto cunhas cualidades “porque era o mellor”, agora ese mesmo produto ten regalo ecolóxico. Por unhas pequenas inversións “unha limosna sobre o beneficio” estas empresa fannos crer que estamos arranxando moitos problemas ambientais, pode ser unha contribución pero non son suficientes todas esas ideas publicitarias da variña máxica.
A tecnoloxía esta avanzando a un ritmo mais superior do que a natureza se poida rexenerar, inda coas contribucións de empresas ,organismos e Ministerios seguiremos tendo problemas reais.

Todo pasa por cambiar o principio da cadea e exixir dende o principio uns niveis axeitados tecnoloxía na sociedade que desgaste o mínimo e contribúa na natureza.E moi bonito dicilo mentres non che cae no peto o incremento dos gastos de montaxe e produción das empresas.
Unha das miñas dubidas mais importantes e; que custa mais ¿o gasto en enerxía ou o transporte dos produtos da agricultura ecolóxica? .

Teño claro que o ecolóxico e mellor tendo unha calidade superior, pero o ser transportado dende moitos KM, ata que punto resulta beneficioso o Medio Natural?. Unha solución e apoiar as granxas ecolóxicas dentro das cidades ou mesmo implantalas nos propios edificios, teño entendido que xa hai algunha experiencia nesa rama combinada entre o natural e a arquitectura.


Con todo isto so quero facer unha pequena reflexión de por onde imos nesta sociedade tendo presente que o campo do Medio Ambiente e moito mais amplo.

domingo, 23 de noviembre de 2008

¡ X tantos ! que damos, non pagamos.

Remato de ver un spot na TV dunha campaña da igrexa “ x tantos ” que bonita e fermosa calou en mi, causoume unha emoción inesperada sóbrame as palabras.

So me pregunto unha cousiña señores de negro, con eses cartiños dos “spots” e as emisións dos mesmos na TV, ¿non poden arranxar as igrexas que se caen? si!! Igrexas coma a do seu “spot nº1 x tantos”.

Impresionante,síntome idiotizado de como manexan cartos e a hora de arranxar as igrexas temos que pagar nos cos nosos impostos,claro eles viven das limosnas. Non creo que teña que mencionar a historia ou nomear temas económicos da Igrexa, logo non o farei.

sábado, 22 de noviembre de 2008

A noite cambia de sensacións.

Hoxe teño un día de pensar, a que esta liando Zapatero !! jajaja bromas aparte.

Esta tarde “ día 22 ” de novembro celebrase no Palacio dos Deportes de Madrid o festival itinerante mais grande do Mundo. O “Sensation” un show de luces, cores e coreografías cun impresionante montaxe no que o público poderá vivir unha noite de glamour nesta “white”, imprescindible vestir de branco. Este festival celebrase en diferentes capitais de todo o Mundo, e hoxe asistiremos a un novo cambio de na forma de entender a noite e os festivais dende un punto mais entretido e publicitario. Ata o momento xa están vendidas 15.000 entradas numero que teñen previsto aumentar antes de esta noite.


A verdade que tiña pensado asistir, pero coma sempre a falta de previsión entre outros factores fai que cause baixa no festival, esperarei pacientemente ir o próximo ano ou buscar outra fecha nalgunha capital Europea. Se queredes información http://www.sensationspain.es/

viernes, 21 de noviembre de 2008

Como, ¡¡ hideputas !!

Estou escoitando de todo en referencia o novo comentario de Bono, coido que desta nova peripecia do presidente do parlamento o único que me chama a atención a forma de facer periodismo neste país. En España “Comentario = Titular = Radio = TV= Opinión dun comentario ” en Outros países “ Noticia = Puntos de vista = Titular = Radio = TV = Diversidade ”. Despois deste comentario meu que non me quería gardar paso a opinar eu dun comentario.


Dentro dun partido político sempre existirán puntos de vista diferentes e os hideputas existen, si claro!!. Onde queremos chegar en política sen ter a esas persoas nas filas dos partidos, tanto en esquerdas coma de dereitas de tódolos partidos hai, hideputas!!.

O punto que se quere chegar, será a punto de hideputas!! que se metan nesas filas cun primeiro problema e acadar obxectivos, continuación co obxectivo cumprido o bloqueo de esa xente a ceder espazo ... si !!, isto e política en estado puro.Eu penso que hai diferentes formas de tratar e de facer, pero prefiro seguir sendo un incrédulo.

Inda así aproveito este post para expoñer o catecismo dun político,que me “chiba” un ex ministro de Felipe González:

1. No hay que contraponer políticos de profesión y de vocación. Para ejercer bien este oficio se requieren profesionales con fibra política. Promuévanse estímulos para atraer y retener a los apasionados de la política y no a quienes se acercan a ella porque no han encontrado nada mejor.

2. Un buen político no debe ser fantástico ni fanático, sino tener talento político, una mezcla de espíritu de justicia y sentido estratégico. Alguien con unos cuantos principios y contención moral para no encandilarse con ilusiones cegadoras, pero que demuestra agudeza, sentido de la anticipación y adaptabilidad. La inteligencia política se templa bregando con las tensiones insuperables de la política (la "herida maquiaveliana" rememorada por Rafael del Águila) y sabiendo operar en un campo de recursos escasos y opciones limitadas.

3. El político necesita información solvente. La complejidad casa mal con la retórica simplista y empuja a asesorarse por expertos imparciales. No para suplir ni para confirmar las decisiones del político, sino para reconocer los riesgos y evitar caminos vedados por el conocimiento.

4. El político trata de ser eficiente. Procura una relación consistente entre la decisión de realizar un propósito plausible y los medios para alcanzarlo. Nunca se propone objetivos para los que no dispone de medios adecuados.

5. El buen político no teme innovar. Pero innova para recuperar o preservar lo esencial del modelo, los componentes y funciones que dan valor a las propiedades distintivas de su proyecto. Por eso no desprecia la experiencia.

6. El buen político es decidido. Frente al irresoluto y el pusilánime, demuestra carácter. Desafía la fatalidad con el "grams-ciano" optimismo de la voluntad. Sabe también que optar es a menudo un drama; que conlleva costes y pérdidas o tener que decir a los correligionarios: ¡basta ya! o ¡hasta aquí he llegado!

7. El político tenderá a ser prudente. Ejercerá en lo concreto, consciente de que aplicar criterios de justicia en lo particular no disuelve los conflictos, sino que a lo sumo los atenúa con arreglos a medias y logros con fecha de caducidad.

8. Un político no debe ser ni cruel ni cínico, pero sí astuto. Ante la malicia que asoma en las relaciones humanas, el político necesita cautela y sagacidad. Está obligado a domeñar la espontaneidad, demostrar cierto cálculo; a no dar un paso sin decidir previamente dónde quiere poner el pie. La astucia no implica faltar a la verdad, sino contarla cuando procede; no engañar, pero no ser engañado.

9. El político debe siempre responder ante alguien y de algo (de sus acciones y omisiones así como de sus consecuencias). Las responsabilidades se diluyen cuando no hay o están desactivados los mecanismos institucionales para exigir (y tener que dar) cuentas. Ocurre, entre otras razones, porque cierta organización del poder difumina al titular de la competencia (los nacionalistas, grandes beneficiarios de un Estado "borroso"), la mezcla de poder y buena conciencia tiende a exonerar de responder (el caso de los neocons y ciertos doctrinarios de izquierda) y la independencia e imparcialidad del tribunal de la opinión pública muestran un muy mejorable rendimiento.

10. Impelido a responder, el político debe explicarse; pero no con trucos publicitarios ni propaganda infantilizada y cargada de obviedades. Al contrario, ha de persuadir de modo razonable, es decir, con razones confesables y fundadas en valores, huyendo de ese sectarismo incapaz de ver en los argumentos del adversario ni una brizna de verdad ni la menor posibilidad de convencerle en algo.

Cultivando estas disposiciones el político no obtendrá necesariamente éxitos, pero sí al menos el reconocimiento de que sus logros han sido fruto de proyectos valiosos y acciones bien hechas.

jueves, 20 de noviembre de 2008

O día que coñecín a badoo


Hoxe quero falarvos dunha experiencia na cal entrei sen darme conta,para min moi interesante a hora de aprender a coñecer o mundo que nos rodea en Internet.

Dende hai uns meses estou rexistrado no famoso badoo, web a que eu denominada coma fantasiosa niñeria. Supoño que coma todos intentaba topar un entretemento mais dentro das posibilidades que nos brindan as novas tecnoloxías.Cheo de razón rexistreime e subín unhas fotos miñas e algún reportaxe, comezou a miña inmersión dándolle os menús para saber o funcionamento dese ser tan ignorante.

Empezan a aparecer os comentarios nas miñas fotos e entrarme xente a falar, isto marchaba topara un xoguete novo. Das miñas experiencias iniciais a verdade non foron demasiado boas, que si che piden o MSN, que guapo, quedamos, eres homo ... eu xa me estaba empezando a fartar de tanta ignorancia. Gazas o meu anxiño que empezoume aparecer xente coa que conversar e realmente simpática, sen darme conta xa empezara a analizar a cada persoa intentado sacar novas cousas que aprender.

Despois de experimentar utilizando o servizo durante 6 meses, podo asegurar que as novas tecnoloxías poñen tolo o persoal “persoas”, Badoo parece territorio comanche do sexo e o peor que das con pervertidos que están o alcance de calquera rapaz. Si me topei con persoas interesantes, que hoxe en día si me aportan cousas sen darse conta , pero nun % moi inferior o que eu me esperaba.

En definitiva badoo e un medio de comunicación que prima o postureo, sexo e subnormalidades ... inda así doulle as grazas polas poucas conversas e coñecidos especiais.

miércoles, 19 de noviembre de 2008

Cuestión de gustos ou críticas.











Hoxe escoitando e lendo nos medios unha noticia case me boto a sorrir coma un tolo, motivado polo trato dado nos diferentes medios a obra do artista Miquel Barceló, Esta obra foi realizada na Sala de dos Dereitos Humanos da ONU de Ginebra, nunha superficie de mil catrocentos metros de superficie con 35.000 kilos de pintura en nove meses que deron lugar a un planeta, un mar, una cova. E unha forma de expresión que persoalmente me gusta, e gustaríame habela visitado no meu viaxe a ONU pero daquelas inda non existía.


Agora ben quérome centrar no acontecido e como se converte nun disparate, a arte xunto coas obras son unha forma de expresión maiormente a uns nos pode gustar e a outros non “para gustos os colores” ou iso din. Pero eu case me boto a rir porque non atacaban a obra senón a forma de facela ou tíldan de enchufismo, “política polo medio” esa e a miña opinión. Todos sabemos que os gobernos destina cartos a facer obras ou accións para diferentes fins, as maneiras de facelo poden ou non ser as mas axeitadas. Coa “Alianza de Civilizacións” proxecto encabezado por España buscamos unha visión estratéxica no Mundo do noso pais, iso ten un custe.


A diferenza entre esta inversión do Goberno de Zapatero a o anterior do PP e que este presidente non busca o seu lucro, nin paga cos nosos cartos para recibir medallas ou dar conferencias nas universidades dos Estados Unidos a arte neste caso quedará na ONU.

martes, 18 de noviembre de 2008

Rematóuseme o zume da laranxa.

Camareiro unha de vitaminas por favor !!


Esa e a frase do meu día a día, esperando que dea chegado con esas vitaminas a final de mes. A laranxa esgotou o zume ou non podemos permitirnos tomalo tranquilamente nunha cafetería.

Cando eu tiña 19 anos e non pasou tanto, terminaba de meterme en novas experiencias tanto profesionais como de superación persoal todo era novo para min, meus pais remataban de axudarme a comprar un coche e recordo naquel intre estabamos entrando no euro “moeda única europea”. Empezaba a escoitar falar de España do G7 no cal non estabamos “novo G20”, posteriormente entramos no G8 e a verdade non lle encontraba lóxica os telexornais nin a contribución de España cos E.E.U.U., porque tiñamos que axudar mellor potencia Mundial.



Dous anos despois entendín perfectamente o sucedido e a importancia do fracaso que tivo para nos entrar nese G8 facendo alianzas con E.E.U.U e Reino Unido.Un fracaso que terminou no 2002 co 11-S e no 2003 o 11-M de Madrid. Gran lección para os nosos políticos, entre eles o presidente Aznar que estaba feliz co PP en campaña política para as eleccións Nacionais.

Agora estamos intentando que nos acepten nese primeiro grupo o G20 que naquel momento no era tan importante, e parece ser que Francia nos cedeu un sitio, queren “refundar un novo capitalismo”. Xa esta aquí a nova xeneración de magos, rematan de inxectar no mercado os nosos cartos porque nos fundimos.Estamos falando de cantidades como 700.000 millóns en Estados Unidos, algo así como cinco veces mais do que a ONU necesita para cumprir os seus obxectivos deste Milenio. En España damos 100.000 para recubrir un pequeno burato formado dende hai anos na nosa economía. Pero danlle os nosos cartos os bancos e empresas, eses que causaron esta crise da que inda temos que soportar a final de mes.

O ano pasado os bancos e caixas cobraron os seus cliente 8.700 millóns de euros en concepto de comisións. O Banco Santander di que no ano 2009 ano ganará 11.500 millóns sobre un 15% mais estando en crise. Pero hai algo mais sabedes canto cobran os directivos dun banco ou empresas; Emilio Botín, 1.305.000 euros; Alfredo Sáez Abad, 3.595.000 euros Francisco González, presidente do Banco Bilbao Vizcaya Argentaria(BBVA) cobrou como compensación 5,7 millón de euros. Ángel Corcóstegui y José María Amusátegui (Banco Santander) cobraron 108 millóns y 56 millóns respectivamente; Meter Erskine (Telefónica) embolsouse más de 30 millóns; Alfonso Cortina foise de Repsol con una indemnización de case 20 millóns, e Manuel Pizarro (Endesa) recibiu 12 millóns.Isto nun pais con máximos beneficios privados,cun 33% de precariedade laboral ¡ Grazas señores empresarios !. Agora quen esta pagando todo isto somos nos e sobre todo os traballadores das empresas que están pechando. Postos a refundar un “Novo capitalismo” fagamos algo con isto, que recorten as posibilidades económicas dos directivos a favor dos traballadores.

Que pasa agora, que os despidos e quebras das empresas fanos reforzar os xulgados mercantís e sociais, ademais temos problemas de depresións por perder os nosos traballos, que sorte para unha rama médica, con isto nos bombardean nos telexornais. Primeiro a construción,banca, e agora a automoción despide traballadores ,pero non poucos, so no último ramo que nomeo son 18.000 persoas segundo prognóstico, claro os concesionarios tiñan que cumprir obxectivos de venda e agora a burbulla estoupou en non venden o que teñen no almacén.

Uns poucos téñense que conformar cos cartos que ganan, senón outros sufriremos e pagaremos as consecuencias, refundemos o Capitalismo pero fagámolo con cabeza.

Mentres Europa non traballe unida nunha soa voz isto non funcionará,pensemos que si hoxe en día con esta crise non estivera o Euro” as nosas economías estarían con tremendas devaluacions. Saquemos o lado positivo, grazas a esta crise aprenderemos e crearemos novas formas de cooperación en moitos campos.

lunes, 17 de noviembre de 2008

Foto denuncia en Carballiño.

















Esta foto saqueina fai 3 meses na entrada po Parque Municipal do Carballiño, resulta impresionante a pouca conciencia dalgunha xente. Pensei non publicala por ser un caso illado, pero en 3 meses xa contabilicei polomenos 5 puntos mais.

Señores veciños do Carballiño existe un Punto Limpo “na Medela” para a recollida de moitos dos materiais que na foto aparecen, e GRATUITO !! simplemente con chamar o Concello “988 53 00 07” e falar co departamento de Medio Ambiente para que teñan constancia de vostedes queren poñer a súa casa no contedor e suficiente. Por favor sexamos un pouco civilizados neste siglo XXI.

Chámame a atención desta foto no barrio no que se produce , porque un dos veciños pertence a Adega . . . , faga unha charla os seus veciños de recollida de lixo que inda non saben onde hai botalo.

domingo, 16 de noviembre de 2008

Os ninjas causan a crise en 18º asaltos.




















Fai un tempo na miña casa estaba mirando a TV un programa de humor “Buenafuente”, resultado do meu entretemento foi que aprendín economía en menos de 6 minutos.

Adeu entrevistou o profesor Leopoldo Abadía que en 6 minutos todos puidemos aprender unha lección maxistral de como explicar unha crise mundial. A teoría do “NINJA” segundo este profesor e a explicación a crise mundial.

Leopoldo expuxo en 18 puntos esta teoría:

1- Os intereses en Estados Unidos baixan e os banco xa non gañan tanto diñeiro.
2- Os banco necesitan facer negocio e co interés baixo non o fan.
3- Os banco deciden facer hipotecas a unha clase de persoas.
4- Persoas “NINJAS” sen ingresos, propiedades, nin traballo. Os bancos lánzase a hipotecar os “NINJAS” que son típica persoa que non lle prestarías nin 5€.
5- O banco dille os “NINJAS” eu tasolle a casa en 70 pero doulle 100. Pero en vez de cobrarlle un 1% cóbrolle un pouco mais,
6- O “NINJA” di: “non me importa total non vou pagar”
7- Estas persoas reciben os cartos; claro danlle 100 e ca diferenza este comprase un coche, fai unha vacacións, invitan a outros “NINJAS”.
8- O banco nestes momento pensa que o mercado inmobiliario seguirá subindo ata 200 , e se o “NiNJA” non paga venderan a casa por mais do que a hipotecaron.
9- Claro son tantos “NINJAS” e o negocio funciona tan ben que os bancos acaban con seus fondos; e din vamos a buscar diñeiro polo Mundo, para iso esta a Globalización non ...
10- E como buscamos diñeiro ,moi fácil collemos as hipotecas vendidas e facemos paquetiños con hipotecas boas,regulares e as que amablemente podemos chamar “PORCALLADA dos NINJAS
11- Mesturan ben eses paquetiños e véndenas a outros bancos polo mundo;claro se eu che digo que che vendo porcallada non ma compras pero si che digo véndoche “Mortgage Backed Securities” seguro que cómprasme un montón.
12- Vende a porcallada por todo o mundo, co resultado que tódolos bancos do mundo teñen porcallada pero non saben canta teñen.
13- Entonces como os bancos saben que teñen porcallada ,non se fían uns dos outros. Eles préstanse cartos tódolos día no chamado “mercado interbancario” a un determinado tipo de interés chamado “Euribor” que e o índice polo que esta unida a nosa hipoteca.
14- Como os bancos non se fían cóbranse mais intereses polos prestamos entre eles ,entón o “Euribor” sube e ti pagas mais o final de mes.
15- Entón por aquilo tan divertido dos bancos e os “NINJAS” non ten ningunha graza.Ti perdiches !!
16- O banco de toda a túa vida no que confías di estamos en plena expansión internacional, co cal quere dicir que han invertido nuns fondos moi bos no banco de X .
17- Ti dis que banco mais estupendo ... pero o banco X puido estar mandado porcallada por todo o mundo.Entonces o meu banco comprou a porcallada e non o saben.
18- Resulta que cando eu ingreso a miña nómina no banco,esa mesma nómina en 5 ou 10 seg. se vai para o banco X e 15 seg. mais tarde esta prestado a un “NINJA

Isto e a GLOBALIZACIÓN !!!!! Non se sabe o que pasará ca crise dos “NINJAS” ¿ porque? si os bancos non saben a porcallada que un nin o outro teñen ¿canta porcallada hai?. Este extracto e da entrevista realizada en Buenafuente na Sexta.
Se queredes mais información visitade o blog do profesor Leopoldo Abadía.