martes, 27 de enero de 2009

Recordo que fixen un vídeo de presentación.

Regresando un pouco a pequenas cousas que fixen, teño un vídeo de presentación para unha campaña de Serveisbox. A verdade que non tiña moitos recursos, pero hoxe sigo publicando cousiñas das miñas.




viernes, 23 de enero de 2009

Oliver Tallec, quero ser neno!!

Olivier Tallec e un ilustrador que me parece moi interesante; un día estaba mirando libros nunha tenda cando observo unha portada curiosa, era un conto para nenos ilustrado por Oliver Tallec. O libro chamábase “Habría que …” e trataba de cómo un neno pode cambiar os desastres que padece o planeta , fame, guerra e contaminación . . . as ilustracións do libro recordáronme a miña infancia, motivo suficiente para saber quen fora o ilustrador do mesmo. Realizo este post grazas a esta casualidade . . . estou feliz coma unha perdiz.

miércoles, 21 de enero de 2009

Publicidade, plaxio creativo.

Nun post anterior xa falei da campaña realizada polo Ministerio de Sanidade para a prevención de embarazos non desexados “Stop rollos con bombo”. Despois de tanta polémica de plaxios co rapeiro Nacht, hoxe comparo ese anuncio con unha campaña de durex.

A verdade encántame a dos globiños e mais creativa e divertida, utilizando ese formato creo que non terían polémica ningunha. Poño os dous vídeo para que comparedes as diferentes campañas, inda que con distinto mensaxe pódense complementar perfectamente.









martes, 20 de enero de 2009

Alex Petrowskt; Arte con crítica social.


Alex Petrowsky : artista que realiza estupendos traballos, coas súas obras representa moitas veces una crítica social.

Wineglass Bay en Tasmania,Australia



Na costa este da gran isla de Tasmania está a bahía de Wineglass forma unha curva perfecta coa súa playa de area branca.

A vida de cor verde

Xa estamos acostumados a escoitar sobre temas ecolóxicos, e tamén empezamos a ver persoas que se suman a vida de cor verde; algo así como a vida ecolóxica. Para todos aqueles que queiran intentar facer unha vida ecolóxica realizo este “post”.

Topeime unha web que me encanta, mediante vídeos e historias con ingenio ofrecen consellos os seus visitantes creando así unha comunidade ecolóxica en Internet. Persoas de 171 países marcan a diferenza realizando cousas divertidas e entretidas para reciclar nas súas propias casas. Teñen unha canle de vídeos e un Facebook para promocinar as súas actividades. Eu publico o vídeo promocional da web www.dothegreenthing.com .



lunes, 19 de enero de 2009

Eu na terra, redonda?

Vivimos sobre terra, sí sí !! o Planeta Terra; a esa conclusión chegamos todos, pero a terra é redonda? buffff!! madre, a saber, eu aínda non saín para comprobalo. Pero atopeime coa clave desta cuestión, sí!! hoxe presento as probas definitivas para afirmar que a terra é redonda; nin Aristóteles no século IV, nín Alexandro Tolomeo, do século II D. C. nin Pitágoras e por suposto nin Cristóval Colón. Eu hoxe demostrarei que a Terra é redonda con probas irrebatibles.

Aquí deixo o documento gráfico que o demostra . . .

Non!! os 30 min de “Se lo que hicisteis”


Esta semana pasada no meu programa favorito da Sexta “ Se lo que hicisteis ” anunciaron que o programa se alargaría 30 min !! NON PORFAVOR !!. Ó final terminarán por cargarse o programa, porque os programadores decidiron o cambio con lóxica de empresa, hai que exprimir o que funciona. Con un inxenio creativo, os integrantes do programa encheron os ocos baleiros por Telecinco, cun excelentemente reparto de humor.

Inda que o share do programa baixou dende que a denuncia de Telecinco se fixo efectiva , os programadores teñen presente que segue mantendo os índices máis grandes da cadea, entón alargan 30 minutos . . . creo que saben que terminarán por cargarse este programa. Espero que detrás de todo isto teñan previsto que o programa desaparecera nuns meses, e estean traballando para sorprendernos de novo.