sábado, 27 de febrero de 2010

jueves, 25 de febrero de 2010

Manantial de auga

miércoles, 24 de febrero de 2010

Aaron Miller, diversión na ilustración.




Aaron Miller, un debuxante de Estados Unidos, pasear pola súa web e como ir a un parque de atraccións. ten un blog, e xa son seguidor do seu twitter.


Campañas para ser nós mesmos.



Unha desas cousas que me chama a atención, a publicidade de produtos de xoiería e similares. Dende hai moitos anos esta publicidade é parecida en case todos os seus aspectos, ¿por que ? , teñen campañas de marketing moi agresivas en tv, utilizan caras de famosos, patrocina eventos importantes ... estes e outros factores inflúen na decisión dos consumidores, pero, ¿realmente estamos comprando un deseño elaborado e coidadoso?. Coñezo moita xente que directamente pide ver estas marcas detrás dunha vitrina, e mais dunha vez, xusto na vitrina do lado hai pezas moito mais coidadas e ben deseñadas, que soen pasar desapercibidas. Vénseme a cabeza, esas señorit@s e señor@s lucindo polas rúas esas bolsas das compras desa marca con orgullo.

Encántame a publicidade ben realizada, creativa e non aburrida, pero, considero que o formato que están a explotar estas marcas e monótono e aburrido. Para estas marcas parece ser moi eficiente, intentan con acerto ser un complemento na nosa vida, algo que necesitamos, unha firma de identidade de nós mesmos, ¿pero ? cantos nós mesmos hai no mundo ...


Jenny Kendler, unha ilustración dulce.



Estou de camiño a Irún, pero no tren e con pouca cobertura, teño tempo para expoñer outra obra no meu blog dunha artista como Jenny Kendler. Artista que realiza debuxos dedicados a natureza, tratando temas coma o cambio climático e a biodiversidade. Outros debuxos que me gustaron moito son como o publicado no meu post,  ten un blog.


martes, 23 de febrero de 2010

Pekka Jylhä, grandes esculturas.


Pekka Jylhä e un escultor versátil, mais coñecido polo seu monumental traballo para o presidente Urho Kkkinen en Helsinki. Utiliza un material non usual para esta clase de obras, e ten unhas temáticas como porcos, coellos, dispositivos mecánicos, eléctricos ou velas ... como se quixera dar un toque de humor a cada obra.



lunes, 22 de febrero de 2010

kikkerland, o deseño incontrolable.

Un kikkerland Spinney
kikkerland e unha empresa sueca de deseño, onde a creatividade é incontrolable incluso nos aparatos máis utilitarios. Esta empresa traballa dende o ano 1992, realizando proxectos  e deseños orixinais, e cousas intelixentes para facilitar as tarefas cotiáns. O deseño da foto e un Kikkerlan "Spinney", que por casualidade pasou polas miñas mans e aproveitei para fotografalo. Os creadores desta marca sueca, teñen un blog con moita información e enxeñosos aparellos. Mentres entrades a ver a súa web eu continuo a xogar co Spinney de Kikkerland.

domingo, 21 de febrero de 2010

El Sueño

sábado, 20 de febrero de 2010

The Sunday Drivers


Hoxe tocan The Sunday Drivers na sala capitol de Santiago de Compostela, asistirei a este concerto. O único que coñezo deste grupo a canción "My Plan" e vídeos que andan pola rede, espero que non me decepcione. Por certo, buscando o concerto de The Sunda Drivers na web da sala capitol, topeime con un concerto de Zenttric o próximo xoves, non podo asistir porque estarei en Irún, pero recomendo o concerto. Trouxémolos as festas do Carballiño do ano pasado, e a verdade gustáronme moito como artistas e mellor como persoas.


viernes, 19 de febrero de 2010

Moonbeam Ft. Avis Vox



Me encanta!!! (^_^)

Madi Ju, nova fotografía en China.



Madi Ju, unha fotografa independente de Beijing (China), os seus traballos expresan un estilo de instantes na vida da artista. Ten unha web, un blog, unha tenda on line e un flickr. Traballa no mundo da moda e a escena editorial no seu país.


jueves, 18 de febrero de 2010

Cartel, cine do setembro do Trasno Musifú.



Un cartel dos meus, xunto cunha actividade das miñas, xa ten tempo a verdade. Esas tardes de setembro proxectando cine na casa da cultura no Carballiño.  O meu blog comeza a ser a miña cabeza de verdade. ;)


Mans á obra

Jasper Goodall, fantasia ou realidade.




Jasper Goodall de Birmingam, un dos artistas que me crea moito interese, na súa web fai referencia a seu pai arquitecto, e nai Fotógrafa e artista moi implicada no movemento feminista da década dos 70 e 80. Na década dos 90, Jasper destacou entre os mellores artistas da ilustración, a mellor obra desa época foi a publicada na revista "The Face", revista que era todo unha referencia para os artistas e deseñadores destes anos. Estas obras causaron un cambio de visón no deseño gráfico, nas artes da ilustración , publicidade ... abrindo un novo camiño por explotar. Hoxe en día, da clases na Universidade de Brightom no Reino Unido e sigue traballando como ilustrador freelance, realiza e vende obras de edición limitada, ollea os deseños de bikinis. Buscando na súa web, descubrín que o ano pasado realizou unha exposición en solitario na Electric Blue Gallery titulada "Poster Girls", una fina liña entre a fantasía e realidade. Aquí tedes unhas portadas que realizou para o grupo Muse.


Arco 2010, arte contemporáneo.


Estes días entre o 17 e o 21 de Febreiro, estase a celebrar Arco 2010 no recinto feiral de Ifema (Madrid), no que coleccionistas, críticos, comisarios e outros profesionais reúnense nunha das maiores exposicións de arte contemporáneo. Estou algo fastidiado porque tiña pases para poder asistir para onte e hoxe, e non puiden asistir, espero programarme ben e poder asistir no 2011. Este ano arco conta con 80 galerías españolas e 122 internacionais de 24 países diferentes. Como non podo falar do que acontece no recinto anímovos a que vos acheguedes e desfrutedes dun día de arte. Arco 2010 non e solo Arte, ten foros e unha feira que interactua co visitante.
Nissan Cube será el coche oficial de ARCOmadrid, cita imprescindible del arte contemporáneo que será seguida por miles de visitantes.


miércoles, 17 de febrero de 2010

Ikea, 10 anos de sestas garantizadas.



A axencia Dommo Creative Center foi a encargada da realización desta campaña para a cadea Ikea. Nesta campaña instaláronse diversos espazos con sofás, en zoas de exposicións de centros comerciais cunha intensa actividade. Esta campaña invitaba os cidadáns  a durmir a sesta con monitores que les daban información.  Ikea con esta campaña quería transmitir que os seus sofás teñen unha garantía de 10 años.


martes, 16 de febrero de 2010

Lina Scheynius.



Lina Scheynius, fotografa sueca (Vänersborg) que traballa en París e Londres, ten unha galería en Flickr e publica libros cos seus traballos.


www.juanjosenogueira.es


lunes, 15 de febrero de 2010

Julie Morstard, libros para nenos.





Julie Morstad, artista canadense que realiza libros para nenos, seus traballos son surrealistas pero moi creativos. Ten una web para comprar  debuxos e tamén poder comprar libros realizados por esta artista.


domingo, 14 de febrero de 2010

Parque Municipal Carballiño

ATB pres. Flanders Behind.



Coñezo este dj dende o ano 1998, cada vez que sacan un proxecto  novo , sorprendeme moito a súa forma de contar historias. Web oficial


sábado, 13 de febrero de 2010

Dunne&Raby, Limited Editions


Dune & Raby, deseñadores moi artísticos ...  a utilización de obxectos desmontados ou simples combinacións de cousas e persoas, dan forma na súa web a carpeta de proxectos ou libros. Teño fichado o seu vimeo e + información en español ;).

www.juanjosenogueira.es


Quattro idcp, produto fresco na Coruña.



Esta campaña foi realizada por unha empresa galega, Quattro idcp de (A Coruña), eu estaba na busca de campañas como a realizada por Ideashop (Belgrado), que por certo !! foi o meu post que saíu publicado na web de vieiros, grazas a todos ;). Agora, paso a comentar esta campaña, eles mesmos indican no seu flickr, "foi unha comunicación para clientes e proveedores da axencia pola redución da xornada laboral para verán". O folleto estaba metido dentro da lata de conservas, con isto querían transmitir, que en verán estaban apertados de tempo pero aínda conservan moita creatividade e frescura nas ideas. Eii !! non recordaba que teñen Facebook, youtube e eles mesmos realizan unha serie en internet pulsa noicariguani¡! na portada da web da axencia!.


www.juanjosenogueira.es

blasberg, 20 anos ilustrando a comunicación.



Pablo Blasberg, ilustrador arxentino que colabora con moitos medios de comunicación importantes, tanto no seu país coma internacionais. Na súa web, podes ver traballos realizados para prensa, revistas e outras publiciacións, pero tamén ten unha entrevista para un medio de cominación arxentino. Os debuxos das viñetas foron publicados na revista "clarín".

www.juanjosenogueira.es


Imaxinar, propor e realizar... "dime que queres"



Unha das miñas ideas, "Dime que queres", tratábase dun blog no que veciños da miña vila anotaban necesidades, inquedanzas e iniciativas.  Do blog hoxe en día xa desaparecido, sacáronse moitas ideas, que posteriormente presentáronse no concello grazas a asociación medioambiental Aula Natural Xesta. Os usuarios deste blog foron principalmente xoves, con boas ideas e gañas de crear. Esta experiencia para min supuxo unha aprendizaxe, e por suposto unha grata satisfacción. Se tedes oportunidade de realizala noutras vilas , adiante. Unha experiencia que con algo de traballo e poucos medios, pode chegar a ser moi beneficiosa, tanto para os promotores como para os veciños.

www.juanjosenogueira.es


viernes, 12 de febrero de 2010

Blender is the free . . .



Imaxino que moitos xa coñeciades este portal, eu estou coma un neno cunha piruleta grande. Entrade

EU

jueves, 11 de febrero de 2010

Frank and Frank, cómic xtra largo.



Nesta web tedes oportunidade de ver cómics, persoaxes contando cousas divertidas ;)




Spotify coa miña música a todas partes.


Dende hoxe, grazas a unhas historietas das miñas xD, xa son usuario de Spotify. Para aqueles que aínda non seibades que serve este aparello entrade na súa web. Yupiii!!!!


www.juanjosenogueira.es