viernes, 14 de noviembre de 2008

Cinco Millóns nun decimo este Nadal













Xa empezan os días na búsquea do numero da felicidade, nun mes todos intentaremos buscar a sorte na lotería de Nadal.No ano 2007 case o 90% dos boletos emitidos foron a parar os nosos fogares cun gasto de media dos españois de 70€ ,na previsión deste ano 2008 esta media tende a aumentar este e un interesante dato, o “ruxe, ruxe” que nos fai buscar a felicidade chega outro ano mais.

Pero este ano o premio ten un sabor amargo 923 millóns e un gran premio, persoas que pasan fame a diario e o peor dato e de cinco millóns de nenos que morren con desnutrición severa, este e o premio que gamos ano a ano.

Non entrarei a explicar que e a desnutrición aguda nin as clases de desnutrición porque supoño que non somos tontos sabemos que se trata dun problema moi grave da nosa sociedade.

Cantos de vos vistes imaxes na tv oístes falar de datos de desnutrición no noso planeta; creo que todos.Seguramente nese momento pensastes pobre xente ou se vos pasou pola cabeza que podo facer eu. Queredes que vos diga o que pasou a continuación, que empezou o xenial programa de “Donde Estas Corazón” o “La Noria” por nomear algúns e xa vos esquecedes das boas intencións de pena que vos pasaron pola cachola. Isto e a crúa realidade, na miña e na vosa vida diaria.

Agora pensade se este problema esta nas vosas propias provincias, si claro tamén existe e non o dan parado. Porque ten que haber un circulo mediático importante de persoas que defendan unha causa para que fagan caso deste e outros problemas os nosos gobernantes. Porque Al Gore dixo “Cambio climático” e desencadeou que tódolos políticos comezaran a facer políticas sobre o Medio Ambiente e sobre todo porque nos concienciamos indo o cine se sabemos que hai un problema.

Eu xa rematei non quero entrar mais en profundidade neste tema, agora elixide ben o numero de lotería de Nadal, quizás a Lotería Nacional esta pasando fame e regalará ferramentas para que poidan cultivar unha concienciación social de verdade.

Firmade igual fan mais caso http://www.pideseloaalgore.org

No hay comentarios: