lunes, 24 de noviembre de 2008

Limosnas ou Medio Ambiente.

Estamos asistindo a maior revolución medioambiental que recordamos na historia. Hoxe en día falar con termos como o de “eco” e un cambio nas nosas formas de actuar.

Tódolos anos hai novidades no medio ambiente, esta tomando as formas dun mercado que xera beneficios millonarios. Agora existen mais novidades para poder mellorar o entorno e que podamos sentirnos mellores persoas, inda que coido que a metade destas iniciativas das empresas son para aproveitarse deste cambio na sociedade. Casa de madeira, urbanizacións ecolóxicas, fungos que producen biocumbustible, aparellos de menor consumo, enerxías limpas . . . ata o último captura de CO2. Os avances neste campo son moi amplos e variados para a vida de acotío da persoas e as empresas, agora non todo será o económico e factible que se nos pretende facer ver.

Un exemplo claro e a publicidade dos produtos que se denomina ecolóxicos, antes amosaban un produto cunhas cualidades “porque era o mellor”, agora ese mesmo produto ten regalo ecolóxico. Por unhas pequenas inversións “unha limosna sobre o beneficio” estas empresa fannos crer que estamos arranxando moitos problemas ambientais, pode ser unha contribución pero non son suficientes todas esas ideas publicitarias da variña máxica.
A tecnoloxía esta avanzando a un ritmo mais superior do que a natureza se poida rexenerar, inda coas contribucións de empresas ,organismos e Ministerios seguiremos tendo problemas reais.

Todo pasa por cambiar o principio da cadea e exixir dende o principio uns niveis axeitados tecnoloxía na sociedade que desgaste o mínimo e contribúa na natureza.E moi bonito dicilo mentres non che cae no peto o incremento dos gastos de montaxe e produción das empresas.
Unha das miñas dubidas mais importantes e; que custa mais ¿o gasto en enerxía ou o transporte dos produtos da agricultura ecolóxica? .

Teño claro que o ecolóxico e mellor tendo unha calidade superior, pero o ser transportado dende moitos KM, ata que punto resulta beneficioso o Medio Natural?. Unha solución e apoiar as granxas ecolóxicas dentro das cidades ou mesmo implantalas nos propios edificios, teño entendido que xa hai algunha experiencia nesa rama combinada entre o natural e a arquitectura.


Con todo isto so quero facer unha pequena reflexión de por onde imos nesta sociedade tendo presente que o campo do Medio Ambiente e moito mais amplo.

No hay comentarios: