Na miña casa Internet cumpre 14 anos dentro de pouco, inda recordo ese modem IBM que me prestou meu amigo “ITH”, era para liñas RTB sendo o mais rápido que existía. Daquelas tiña que ir cun cable de 10 metros ata a toma do telefono para poder conectarme, imaxinade a cara dos meus pais. En España entrabamos en Internet por unha rede TCP/IP creada por Telefónica chamada InfoVia que era una rede paralela a Internet, o seu baixo rendemento e alto custe fixo que desaparecese no ano 1998 por InfoVia Plus que implantala tivo un custe de 10 millóns das antigas pesetas, pero eu no 1996 xa topara outro sistema mais económico de aceso ¡xD! A día de hoxe existe un panorama completamente diferente, nin eu sei de moitas das novas tecnoloxías existentes.
Recordo que nos comentaban que Internet era o futuro nas nosas casa y se implantaría en tódolos fogares. A día de hoxe as "Tics" están evolucionando xunto as redes sociais que incrementan no seu uso cotidian. Nestes 14 anos de continuos cambios o único que non esta en consonancia coa sociedade son os prezos abusivos que temos que soportar a final de mes para estar enganchados a esta tecnoloxía. Temos un dereito de acceso a Internet que en papel mollado se nos queda, e para demostralo esta a “Comisión de Mercado de las Telecomunicaciones” (CMT) que ata hoxe me parece que lle daba sempre a razón a estas empresas de telecomunicacións hucha de chips mentirosos, que teñen os prezos en España mais caros de Europa, para que os concellos non puidesen implantar o sistema Whifi en aberto a todos os seus veciños e empresas , estes tiñan un bloqueo por parte do (CMT).
Fíxose o milagre!! o Concello de Ávila xa ten o visto bo para poder dar este servizo, pero coa condición de que non se gasten fondos públicos nin empresas con capital privado financiados polo Concello. Utilizarán unha formula de publicidade implantada para os usuarios, unha boa formula se os veciños lles sae gratis o acceso a Internet .Entre a decena de denegacións un de Galicia, o Concello de Ponteareas xa o tiña solicitado nalgunha ocasión denegándolle sempre a instalación. Agora e o momento de copiar este formato e implantalo en cadea, así todos gañamos uns como bos xestores e outros con acceso a internet, e as empresas de telecomunicacións terán que baixar os seus prezos o nivel de Europa.

No hay comentarios:
Publicar un comentario