
Remato de chegar a casa do café, a verdade que non me podedes ver a cara de cabreo que traio. Cando empezo esta experiencia do Blog agora fai 3 semanas xa tivera experiencias noutro anteriormente, logo esta vez neste Blog decidín non falar de temas da miña comarca ou vila. Creo que hoxe bou romper eses principios recen creados, se me coñecedes sóeme saír unha vea con certos temas inxustos que para min son incomprensibles.
Na páxina 20 de La Región sección de Carballiño titular “PP y PSOE reanudan las negociaciones para presentar un solo proyecto a un plan Europeo” pe da noticia “Medio rural rechazó las candidaturas con las que optaban para recibir 4,5 millones de euros”.Se queredes mais información entrade na web de La Región esta o articulo completo.
O porque deste cabreo e “xustificado “posto que son un dos que esta na foto ca man levantada do cal non sei seme arrepentirei. E inxusto que os representantes das asociacións que levamos algún tempo traballando pola nosa comarca toparamos ese día moitas asociacións representadas por certos partidos “asta ai todo ben”, pero o que me realmente me doe e que ninguén coñecía esas asociacións e nos rexistros da Xunta estaban creadas con días de antelación a convocatoria desta reunión de reparto de fondos. O fin destas asociacións era ter a maioría e tomar eles a decisións sen contar cos que realmente estamos rexistrados dende fai algúns anos,estes nin traballaron pola vila nin realizan actividades.
Para min as bases creados para as votacións e unha autentica “basura ou coadoiro” permitindo que isto pase “parecemos nenos, ¿por que estas asociacións podían entrar?” acaso non temos profesionais que poidan redactar unhas bases como deus manda. Cada día que pasa estou mais descontento, en vez de traballar pola nosa comarca hai persoas diabólicas que se quere aproveitar de todo como aves de carraña na basura ”non me pillaredes noutra”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario