lunes, 15 de diciembre de 2008

Odiado ou querido ascensor

Onte a noite pasoume un detalle destes de pensar, detalles que xa me tiñan pasado, e acontuniación pasan pola miña cabeza, agora sigo pesando e dando voltas a este tema. Eran sobre ás 10 e pico da noite eu chegaba a miña casa despois dun día en Vigo, dispúxenme a deixar o coche na segunda planta do meu edificio, vaia onde teño a praza. Cando xa tiña aparcado o coche sentín como outro coche baixaba a costa para aparcar a verdade que nin parei a mirar quen era, entrei pola porta de acceso os pisos e chamei o aparello transportador “ascensor”. Chega o ascensor e métome dentro nese momento escoito a porta da entrada do aparcadoiro, puxen a miña chaqueta entre os sensores do ascensor para que non se pechara.

Alí estaba unha rapaza, por certo cuns ollos que chamaron moito a atención, o caso que lle pregunto “subes!!” e me responde “si”, ela dime “que piso” eu respondo “tercero” di ela “ya paro antes”. O aparello cerra as portas despois de que ela premera o número do seu piso e empezamos a subir dende o garaxe,neses momentos comezan os 10 ou 15 segundos mais largos da historia. Entre mirar os números dos pisos que pasas e as demasiado vistas pegatinas do ascensor eses momentos son interminables ata que se abren as portas dese aparello. O caso e que odio eses aparellos por este motivo, a non ser que me falen da típica charla de ascensor, que tal ? tempo frío? esta escaleiras estas sucias? Jajaja seguramente esta conversa será a mais larga que podes ter nun ascensor.

Creo que a comunicación e saber escoitar son os procesos mais importantes despois da alimentación, se queremos ter éxito na vida son un piares fundametais. Non son capaz de pensar unha vida sen comunicación,un mundo no que todos pasemos o lado uns de outros con indiferenza, espero que aproxima vez que me tope a esta rapaza descoñecida falemos do tempo.

No hay comentarios: