
Hoxe foi o meu primeiro día de vacacións de un mes que me queda por diante, parece que me sentan peor que si traballase,quixen dedicar o meu día a ler a prensa e tomarme un café tranquilo o que denominaría “non facer nada”. Era unha boa intención ata que a maña decidinme a ir de paseo o monte a comprobar se un vertedoiro que selaron fai un ano e algo sigue intacto ou seguen a verter nel.
A miña interese non e casual posto que fun eu quen presentou o documento gráfico do que se estaba a botar nese monte. Leveime unha alegría que non topei “case” nada novo, inda así costa loitar contra algo que non se ve e moito mais concienciar os causantes do desatre.
A continuación presenteime na miña vila “O Carballiño” onde entre toparme a coñecidos e comer na casa dos meus pais decidín ir ver as obras do paseo fluvial do río. Xa esta practicamente todo rematado o único que botei de menos e que futuro Museo do Papel esta igual que sempre.
Nestes momentos moi cansado de andar durante todo o día estaba a ler a prensa on-line, entre pinguinos gay de china,Gallardon conta a Cope, e Esparanza Aguirre feita unha heroína rematei pensado que estaba mirar un cómic. Este foi o meu primeiro día de vacación, e espero que non último.
No hay comentarios:
Publicar un comentario