martes, 9 de diciembre de 2008

Stop Rollos con Bombo

Teño unha dubida, o peor de todo que non topo unha explicación que sexa medianamente razoable. ¿Porque nos tempos que corren existe un problema de embarazos non desexados ?

Eu recordo perfectamente todas as charlas de educación sexual que me daban cando estaba na escola. Daquelas igual escoitabamos as charlas en plan gracioso e sempre existía unha risa foxa o falar destes temas, tanto por a inexperiencia ou a curiosidade que espertaban en nós estes temas. Pero inda así creo que nós quedaba claro os resgos os que estabamos expostos a non utilizar un preservativo. Que saian noticias coma estas son un pouco raro para min, igual que escoitar que en España no ano 2007 houbo 112.000 intervencións de embarazos non desexados dos cales o 13,8% tiñan menos de 19 anos.

Agora acaba de arrancar unha nova campaña www.yopongocondon.com, paréceme xenial que existan campañas de cara os moz@s de prevención,porque coma min eles teñen que aprender educación sexual, penso que son a maior vacina contra os diferentes problemas que existen .

No hay comentarios: