miércoles, 14 de enero de 2009

A vida natural dun blog.











Dende o sábado non puiden escribir nada no blog, pero aínda que estou aquí, tamén alí, isto é o que penso sempre. Dende que empecei a aventura do novo blog “O Militante” teño que racionar as horas na procura de información e demáis menesteres, isto causa que un dos tres blogs que realizo se quede sempre atrasado.Teño dado con persoas que están inmersas en moitas iniciativas de diferentes ámbitos, sempre me preguntei como o fan ? Eu creo que intento cumprir na maioría das ocasións pero isto é case imposible sen quedarse sen vida propia.

O tema recórdame á educación universitaria que fai algún tempo realizabas en España “unha carreira xenérica”, ó final todo pasaba por unha especialización nunha das ramas que esa carreira ofrecía. Un Blog neste caso pode ser a carreira, pero cal é a mellor fórmula?, especializarse nun tema ou abrir o abanico de temas e variedades. O específico sempre tende a estar mellor realizado polo traballo e horas que se lle dedica a esta aplicación, pero no de variedades podes aprender cousas novas.

Chámame a atención que nalgún momento moitas persoas pensamos na vida real coma dun Blog se tratase. Podes ter estudado unha carreira que o final como non atopes traballo rematas realizando moitos traballos de diferentes ramas, ou pola contra pódeste facer funcionario que sería una especialización. A nosa vida é un Blog cheo de persoas realizando variedades ou monotemas especializados.

No hay comentarios: