Unha desas cousas que me chama a atención, a publicidade de produtos de xoiería e similares. Dende hai moitos anos esta publicidade é parecida en case todos os seus aspectos, ¿por que ? , teñen campañas de marketing moi agresivas en tv, utilizan caras de famosos, patrocina eventos importantes ... estes e outros factores inflúen na decisión dos consumidores, pero, ¿realmente estamos comprando un deseño elaborado e coidadoso?. Coñezo moita xente que directamente pide ver estas marcas detrás dunha vitrina, e mais dunha vez, xusto na vitrina do lado hai pezas moito mais coidadas e ben deseñadas, que soen pasar desapercibidas. Vénseme a cabeza, esas señorit@s e señor@s lucindo polas rúas esas bolsas das compras desa marca con orgullo.
Encántame a publicidade ben realizada, creativa e non aburrida, pero, considero que o formato que están a explotar estas marcas e monótono e aburrido. Para estas marcas parece ser moi eficiente, intentan con acerto ser un complemento na nosa vida, algo que necesitamos, unha firma de identidade de nós mesmos, ¿pero ? cantos nós mesmos hai no mundo ...

No hay comentarios:
Publicar un comentario