jueves, 11 de febrero de 2010

Córdoba se abre al arte.



Dende sempre nas vilas ou cidades, existen esas parcelas baleiras que están cheas de maleza, quizais cunha casa en ruínas ou o que queda dela. Un chamamento a modernidade, que remata por afear a paisaxe e moitas veces causa malestar entre a vecindade. En Córdoba entenden o problema dende un punto de vista diferente, realizaron un concurso de paisaxe vertical, para que creadores presentaran propostas creativas para ese solares baleiros. O resultado, deseños amoldados e creados a unha cidade, obxectos que se mesturan coa paisaxe, debuxos con moita vistosidade. Coa participación de 72 artistas españois e 40 proxectos internacionais, unha cordobesa, Raquel Gómez afincada en Barcelona resultou elixida para plasmar o seu debuxo nunha rúa de Córdoba.


Obra de Raquel Gómez en Córdoba



No hay comentarios: