sábado, 13 de febrero de 2010

Imaxinar, propor e realizar... "dime que queres"



Unha das miñas ideas, "Dime que queres", tratábase dun blog no que veciños da miña vila anotaban necesidades, inquedanzas e iniciativas.  Do blog hoxe en día xa desaparecido, sacáronse moitas ideas, que posteriormente presentáronse no concello grazas a asociación medioambiental Aula Natural Xesta. Os usuarios deste blog foron principalmente xoves, con boas ideas e gañas de crear. Esta experiencia para min supuxo unha aprendizaxe, e por suposto unha grata satisfacción. Se tedes oportunidade de realizala noutras vilas , adiante. Unha experiencia que con algo de traballo e poucos medios, pode chegar a ser moi beneficiosa, tanto para os promotores como para os veciños.

www.juanjosenogueira.es


No hay comentarios: