jueves, 18 de febrero de 2010

Jasper Goodall, fantasia ou realidade.




Jasper Goodall de Birmingam, un dos artistas que me crea moito interese, na súa web fai referencia a seu pai arquitecto, e nai Fotógrafa e artista moi implicada no movemento feminista da década dos 70 e 80. Na década dos 90, Jasper destacou entre os mellores artistas da ilustración, a mellor obra desa época foi a publicada na revista "The Face", revista que era todo unha referencia para os artistas e deseñadores destes anos. Estas obras causaron un cambio de visón no deseño gráfico, nas artes da ilustración , publicidade ... abrindo un novo camiño por explotar. Hoxe en día, da clases na Universidade de Brightom no Reino Unido e sigue traballando como ilustrador freelance, realiza e vende obras de edición limitada, ollea os deseños de bikinis. Buscando na súa web, descubrín que o ano pasado realizou unha exposición en solitario na Electric Blue Gallery titulada "Poster Girls", una fina liña entre a fantasía e realidade. Aquí tedes unhas portadas que realizou para o grupo Muse.


No hay comentarios: