Mareas negras ...

O largo de moitos anos o home converteuse nun gran destrutor do noso medio natural, comezando polos animais pasando polos bosques seguindo pola fauna e agora o aire creando o cambio climático, sempre espremendo a nai terra. No mundo extráense para consumir o redor de 60 millóns de barriles de petróleo o día (9.554 millóns de litros), con estas cantidades e normal que o mar mediterráneo sexa o máis contaminado por ter un maior tránsito marítimo. Este mercado soe ter accidentes chamados mareas negras causadas polos petroleiros, enseguida se me ven a cabeza manchas negras no mar,playas negras, aves mortas pegadas ó petróleo . . . será por que en Galicia vivimos un "prestigue" e teño esas imaxes metidas na cachola. Estas mareas negras crean unha capa negra que o impregna todo como se fora neve, dous litros de este líquido cubre unha superficie de un campo de fútbol. Imaxinade agora cantos litros se derraman ó ano, imposible de saber os datos, non son exactos, entre 160 e 350 toneladas o ano. Ata a fecha, o maior vertido por un petroleiro foi no ano 1991 a 700 millas de Angola con 260.000 toneladas.
Estes accidentes soen traer consigo mobilizacións dos ecoloxistas, e obrigan a estes países a cambiar a súa forma de actuar con respecto os petroleiros, creando novas normativas e rematando coa petroleira no xuzgado durante moitísimos anos. Ó final estas compañías rematan pagando unha miseria con respecto o dano realizado, como o deterioro ambiental e da paisaxe, morte de animais, pesca e o turismo.
Con estes datos, ¿creedes que isto en un problema grande, verdade?... pois para min hai outro maior, que as cargas e descargas, xunto con outras operacións de mantemento nos petroleiros no mundo, derramaban no ano 1980 unhas 1.243.000 toneladas e os accidentes naquel ano non superaban as 257.000 toneladas. Que pasa hoxe en día ... ? este ano 2010 é fecha tope para que os petroleiros monocasco desaparezan, uns barcos que eran os que vertían petróleo xa nos anos 80. Coma sempre imos a remolque dos intereses que remataremos por herdar as xeracións futuras.
Foto: Rebecca Hall, National Geographic.
http://www.juanjosenogueira.es
5 comentarios:
Apostoche unha cervexa a que os monocasco non desaparecen este ano! Un saudo. Ciri
Unha birra a ke os mnoksko nn dsparcn st ano. Espero ke xe xegue o coment. Ke dsd o mvl nn sei km vai. Unha aperta crack. Ciri
Teñoche que dar a razón xD pero podemola tomar igual ;) unha aperta ciri.
Eso está feito! Eu esta semana en Ou teñoa libre.
Trato feito, pero terá que ser por carba ... que non creo ke pase por ou pola semana ;) avisame cando aparezas polo carballiño ...
Publicar un comentario