miércoles, 10 de febrero de 2010

Mercado de Xochimilco, México.



Baixo este mosaico de toldos ocultase un mercado popular animado e ruidoso, montado para unha xornada nunha rúa da capital. Así protéxense do sol os tenderetes de froita e verduras, plantas medicinais e especias, tecidos e produtos artesanais. Os mercados de México constitúen unha auténtica institución, chegando a multiplicarse a cotiá en todo o país. Como ocorre coa artesanía, traxes tradicionais e fachadas de vivendas reflexa o apego dos mexicanos polos cores vivos e alegres. Na escena internacional México converteuse na décima potencia económica mundial e na primeira de América Latina, cun crecemento acelerado dende o 2004. Sen embargo, este éxito económico funciona en detrimento dunha gran parte da poboación, o 40% dos mexicanos segue a vivir debaixo do umbral da pobreza do que un 18% son de pobreza extrema, en particular zoas rurais.

http://www.juanjosenogueira.es


No hay comentarios: