jueves, 27 de noviembre de 2008

Deixade opinar os xoves . . . ou non opinamos.

Hoxe estou algo “desgustado” por dicilo dalgunha maneira, estiven indagando sobre temas de xuventude e o que me topei non me agradou nada, sempre pensei que a xuventude estaba mellor valorada e agora descubro que os tópicos existen.

Teño escoitado que a “xuventude e unha enfermidade que se pasa con tempo”; non estou dacordo, cando pasas a túa xuventude esquécense os problemas reais que teñen os xoves neste e noutros países. Os que teñen as ferramentas para poder cambiar o establecido esquecen que tamén foron xoves coma nos.


A cotío escoitamos que non somos puntuais, inexpertos en anti sistema ... pero eu penso que non poden poñernos una etiqueta en mandarnos o caixón por ser un problema. Creo firmemente que “nos pobos nos que a xuventude non pensa, por medo os erros ou as dubidas, están destinados a ser colonizados”. Por isto quero saber se os xoves teñen opinión, ou quizais falan por nos sen sabelo.


Hai moito traballo por diante e non so basta cunha intención política de crear un novo Ministerio da Xuventude se non se lle aplican ferramentas eficientes, que estean dotadas con partidas económicas que nestes intres non se aplican.
Temos que recoñecer que estamos mellor que no 2004 que a xuventude tiña un 22% de paro e nestes intres estamos nun 18% e a precariedade laboral no 2004 era dun 53% agora hai unha pequena mellora dun 51% non me quero esquecer da vivenda e as becas para a xuventude que inda estamos moi verdes. No exemplo das becas temos un dato moi mellorable a media de becas en España e un 7% e a media Europea e de un 17%. Quérome remitir a Suecia un país que ten unha media de becas por estudante dun 28% sendo considerado coma una axuda a primeira emancipación dos xoves dese pais.

A nosa comunidade autónoma “Galicia” ten a competencia de vivenda, por isto quero mandar a miñas inquedanzas neste tema por tocarme de preto.
A Consellería de Vivenda aquí en Galicia tiña moitas novidades de cara os xoves durante os últimos 4 anos, de esas novidades eu considero que as vivendas sociais construídas non son ás suficientes , no seu plan sectorial marcan unha cantidade e agora resulta que ata o 2013 non as terán rematadas. A xestión da renda básica de emancipación foi un desastre, noutras comunidades os 3 ou 4 meses estaban cobrando os 210€ aquí houbo retrasos de ata 7 meses. O fomento o aluguer esta moi ben inda que insuficiente, non escoitei propostas novas con respecto as do Goberno Español.

Agora tedes que decir; non dis nada novo, claro que non o digo. . . pero creo que moitos xoves agora teñen que recordar que teñen cabeza para pensar. A non opinión, implicación e realización de actividades nas nosas propias vilas ou cidades causan noso dito “Aquí aburrímonos, non temos nada que facer e non hai futuro”. Que sigan opinado por nos ou que fagan outros non?

No hay comentarios: