viernes, 28 de noviembre de 2008

Fai algún tempo


Outro día mais estou a recordar pequenos detalles que pasaron pola miña vida, moitas veces eses detalles son os que marcan as diferenzas de facer e actuar.


Nesta ocasión recordei como chegou un CD con vídeos ata min,daquelas estabamos realizando un programa de radio en Carballiño, posto que nos escoitaba xente mandaban todo tipo de historias e mensaxes. Recordo ese día, entre os papeis apareceu un CD eu supoñía “será música para dedicar”, inda así aparteino para súa clasificación.


Estabamos en directo na radio e recordo que metín o CD no ordenador comezando a indagar no seu contido, de súpeto empezo a ver un vídeo que nun primeiro momento denomino como doméstico. A verdade que me causou unha especie de intriga, xa non por unha historia de ficción que se podía ver no vídeo, senón a colocación das cámaras e creatividade con que estaban montadas esas imaxes.


Non tardei en desconfiar en que os da TV de Carballiño perderan ese vídeo, e chegara a nosa redacción extraviado posto que estamos un o lado dos outros. Pero o comentarllo, eles non sabia nada o respecto, e mais ,que se quedaron a ver o vídeo!!. Eu seguía pensando que os da TV me estaban tomando o pelo, insistía e preguntaba unha e outra vez.


Esa noite recordo que nos xuntamos un grupo de xente para ver o vídeo que duraba mais de unha hora. Nin coa película terminada de ver tiña claro quen fora o autor da mesma, a resposta tardou hasta o día seguinte. Así me din conta de hai xente con iniciativa e intereses.


Os dous rapaces da foto Rubén e Santiago eran os autores, tal coma son “eu” non podía evitar votarlles unha man inda que fora pouco. Fai uns meses rematan de estrear o seu último traballo “ Caminando en la Oscuridad ” nese estreo o aforo da Casa da Cultura quedouse moi pequeno tendo que facer dous pases mais.


Eu xa sabia que coas ganas de querer facer e divertíndose pódese aprender moito. . . aprendamos o resto.


No hay comentarios: