jueves, 20 de noviembre de 2008

O día que coñecín a badoo


Hoxe quero falarvos dunha experiencia na cal entrei sen darme conta,para min moi interesante a hora de aprender a coñecer o mundo que nos rodea en Internet.

Dende hai uns meses estou rexistrado no famoso badoo, web a que eu denominada coma fantasiosa niñeria. Supoño que coma todos intentaba topar un entretemento mais dentro das posibilidades que nos brindan as novas tecnoloxías.Cheo de razón rexistreime e subín unhas fotos miñas e algún reportaxe, comezou a miña inmersión dándolle os menús para saber o funcionamento dese ser tan ignorante.

Empezan a aparecer os comentarios nas miñas fotos e entrarme xente a falar, isto marchaba topara un xoguete novo. Das miñas experiencias iniciais a verdade non foron demasiado boas, que si che piden o MSN, que guapo, quedamos, eres homo ... eu xa me estaba empezando a fartar de tanta ignorancia. Gazas o meu anxiño que empezoume aparecer xente coa que conversar e realmente simpática, sen darme conta xa empezara a analizar a cada persoa intentado sacar novas cousas que aprender.

Despois de experimentar utilizando o servizo durante 6 meses, podo asegurar que as novas tecnoloxías poñen tolo o persoal “persoas”, Badoo parece territorio comanche do sexo e o peor que das con pervertidos que están o alcance de calquera rapaz. Si me topei con persoas interesantes, que hoxe en día si me aportan cousas sen darse conta , pero nun % moi inferior o que eu me esperaba.

En definitiva badoo e un medio de comunicación que prima o postureo, sexo e subnormalidades ... inda así doulle as grazas polas poucas conversas e coñecidos especiais.

No hay comentarios: