miércoles, 19 de noviembre de 2008

Cuestión de gustos ou críticas.











Hoxe escoitando e lendo nos medios unha noticia case me boto a sorrir coma un tolo, motivado polo trato dado nos diferentes medios a obra do artista Miquel Barceló, Esta obra foi realizada na Sala de dos Dereitos Humanos da ONU de Ginebra, nunha superficie de mil catrocentos metros de superficie con 35.000 kilos de pintura en nove meses que deron lugar a un planeta, un mar, una cova. E unha forma de expresión que persoalmente me gusta, e gustaríame habela visitado no meu viaxe a ONU pero daquelas inda non existía.


Agora ben quérome centrar no acontecido e como se converte nun disparate, a arte xunto coas obras son unha forma de expresión maiormente a uns nos pode gustar e a outros non “para gustos os colores” ou iso din. Pero eu case me boto a rir porque non atacaban a obra senón a forma de facela ou tíldan de enchufismo, “política polo medio” esa e a miña opinión. Todos sabemos que os gobernos destina cartos a facer obras ou accións para diferentes fins, as maneiras de facelo poden ou non ser as mas axeitadas. Coa “Alianza de Civilizacións” proxecto encabezado por España buscamos unha visión estratéxica no Mundo do noso pais, iso ten un custe.


A diferenza entre esta inversión do Goberno de Zapatero a o anterior do PP e que este presidente non busca o seu lucro, nin paga cos nosos cartos para recibir medallas ou dar conferencias nas universidades dos Estados Unidos a arte neste caso quedará na ONU.

No hay comentarios: