martes, 18 de noviembre de 2008

Rematóuseme o zume da laranxa.

Camareiro unha de vitaminas por favor !!


Esa e a frase do meu día a día, esperando que dea chegado con esas vitaminas a final de mes. A laranxa esgotou o zume ou non podemos permitirnos tomalo tranquilamente nunha cafetería.

Cando eu tiña 19 anos e non pasou tanto, terminaba de meterme en novas experiencias tanto profesionais como de superación persoal todo era novo para min, meus pais remataban de axudarme a comprar un coche e recordo naquel intre estabamos entrando no euro “moeda única europea”. Empezaba a escoitar falar de España do G7 no cal non estabamos “novo G20”, posteriormente entramos no G8 e a verdade non lle encontraba lóxica os telexornais nin a contribución de España cos E.E.U.U., porque tiñamos que axudar mellor potencia Mundial.



Dous anos despois entendín perfectamente o sucedido e a importancia do fracaso que tivo para nos entrar nese G8 facendo alianzas con E.E.U.U e Reino Unido.Un fracaso que terminou no 2002 co 11-S e no 2003 o 11-M de Madrid. Gran lección para os nosos políticos, entre eles o presidente Aznar que estaba feliz co PP en campaña política para as eleccións Nacionais.

Agora estamos intentando que nos acepten nese primeiro grupo o G20 que naquel momento no era tan importante, e parece ser que Francia nos cedeu un sitio, queren “refundar un novo capitalismo”. Xa esta aquí a nova xeneración de magos, rematan de inxectar no mercado os nosos cartos porque nos fundimos.Estamos falando de cantidades como 700.000 millóns en Estados Unidos, algo así como cinco veces mais do que a ONU necesita para cumprir os seus obxectivos deste Milenio. En España damos 100.000 para recubrir un pequeno burato formado dende hai anos na nosa economía. Pero danlle os nosos cartos os bancos e empresas, eses que causaron esta crise da que inda temos que soportar a final de mes.

O ano pasado os bancos e caixas cobraron os seus cliente 8.700 millóns de euros en concepto de comisións. O Banco Santander di que no ano 2009 ano ganará 11.500 millóns sobre un 15% mais estando en crise. Pero hai algo mais sabedes canto cobran os directivos dun banco ou empresas; Emilio Botín, 1.305.000 euros; Alfredo Sáez Abad, 3.595.000 euros Francisco González, presidente do Banco Bilbao Vizcaya Argentaria(BBVA) cobrou como compensación 5,7 millón de euros. Ángel Corcóstegui y José María Amusátegui (Banco Santander) cobraron 108 millóns y 56 millóns respectivamente; Meter Erskine (Telefónica) embolsouse más de 30 millóns; Alfonso Cortina foise de Repsol con una indemnización de case 20 millóns, e Manuel Pizarro (Endesa) recibiu 12 millóns.Isto nun pais con máximos beneficios privados,cun 33% de precariedade laboral ¡ Grazas señores empresarios !. Agora quen esta pagando todo isto somos nos e sobre todo os traballadores das empresas que están pechando. Postos a refundar un “Novo capitalismo” fagamos algo con isto, que recorten as posibilidades económicas dos directivos a favor dos traballadores.

Que pasa agora, que os despidos e quebras das empresas fanos reforzar os xulgados mercantís e sociais, ademais temos problemas de depresións por perder os nosos traballos, que sorte para unha rama médica, con isto nos bombardean nos telexornais. Primeiro a construción,banca, e agora a automoción despide traballadores ,pero non poucos, so no último ramo que nomeo son 18.000 persoas segundo prognóstico, claro os concesionarios tiñan que cumprir obxectivos de venda e agora a burbulla estoupou en non venden o que teñen no almacén.

Uns poucos téñense que conformar cos cartos que ganan, senón outros sufriremos e pagaremos as consecuencias, refundemos o Capitalismo pero fagámolo con cabeza.

Mentres Europa non traballe unida nunha soa voz isto non funcionará,pensemos que si hoxe en día con esta crise non estivera o Euro” as nosas economías estarían con tremendas devaluacions. Saquemos o lado positivo, grazas a esta crise aprenderemos e crearemos novas formas de cooperación en moitos campos.

No hay comentarios: