sábado, 6 de diciembre de 2008

30 anos de España

Hoxe día 6 de decembro aniversario desta nosa constitución española, recordamos ese día que aqueles propulsores políticos xunto co pobo español votaban a Carta Magna, chegando a un acordo para establecer tódolos artigos. Pero a día de hoxe inda se fala das dúas Españas, a conservadora e centrista da dereita e a plural e progresista da Esquerda . Cando falamos de Constitución estes dous puntos de vista acentúanse mais, inda que os dous están de acordo en facer modificacións.

Unha recente enquisa realizada desvela que a cidadanía española ten unha boa predisposición a introducir cambios na Carta Magna de dez puntos dos trece que expoñía da enquisa. Entre estes puntos atopase liña de sucesión a coroa, a capacidade para decidir entre República e Monarquía, ,sistema electoral, organización territorial dos privilexios da Igrexa entre outros. Quero destacar o resultados como o da pregunta ¿República ou Monarquía?, no que resultado dun 58% de persoas queren poder decidir outra vez sobre ese tema.

Eu inda non nacera cando o 6 de decembro de 1978 se instaura a Constitución Española de hoxe, hai veces que penso que me gustaría haber votado os artigos e decidir por min. Pero tampouco me gustaría haberme perdido o que vivín na evolución e principio desta nova democracia en España.

No hay comentarios: