viernes, 5 de diciembre de 2008

Historia do pirata.

Sobre ás 6 da madrugada algo se coce no ambiente, unhas luces de antorchas azuis empézanse apreciar na rúa. Dun momento a outro chegarán a seu destino cun único obxectivo “tocado e undido”, a uns minutos da entrada do palacio todos empezan a xirar as cabezas cara a rúa, as súas miradas pósanse sobre esas luces azuis. Chegan o seu destino, os alí reunidos empezan a falar e os asombrados a preguntar ¿Qué ocorre ?, a resposta chega en cuestión de minutos ¡ Cerre do palacio ! “escusa” inspección de rutina.

Os cabaleiros da roupa amarela penetran na fortaleza e empezan a prender as luces e desaloxar o palacio. As expresións das persoas son as mesmas de sempre, copas de gladiarodores enteiras, chegaron os da armadura amarela . . .Isto foi o que viviron esta pasada sema nun club da capital de España, dende fai un mes repítese esta situación en diferentes lugares de Madrid. Ás malas leguas din que intentar cerrar clubs, salas de concertos, discotecas e pub, as boas din que son inspeccións de rutina que ata o momento non se sabia que existían. No momento que as cousas suceden neste país, obrase, claro antes non se fai nada, agora que algún político madrileño lle doeu algo no seu corazón empeza un acoso interminable nos que os bos e os malos serán erradicados.

Coma nesta ocasión tódolos papeis do palacio estaban en orden e o local cumpría estas normas impostas polo rei, optan por destronar o príncipe. A peripecia nesta ocasión prodúcese no trono do príncipe da noite o DJ “Disjokey ou Deejay”, a acusación non tarda en chegar o príncipe e un pirata”. O príncipe di a palabra máxica “copias de seguridade” a lei di que se poden ter copias de seguridade entón os cabaleiros piden a factura desas copias “irreal este tema”.

Segundo comentan as noticias a SGAE estaba detrás de todo isto, pero estes ata mandaron unha nota de prensa desmentindo con rotundidade que a SGAE non puxo ningunha denuncia os locais. Nesta ocasión sen opinar igual que os da SGAE teño que crelos, a mau negra que azota os palacios e tema dalgun "político" que non tiña feitos os deberes.

No hay comentarios: