miércoles, 3 de febrero de 2010

Marketing directo e interactivo.



Como ando con cambios no blog, coma o tag "Marcadores de Juan", incorporo a meu blog un novo tag "Marketing". Nel procurarei publicar entradas sobre empresas, proxectos, marketing directo e interactivo.

Para a miña entrada hoxe seleccionei unha invitación de boda que realizou a empresa Oxigen Comunicació Gráfica (Barcelona). Esta invitación, ten incorporada una peza de plomo fundida que ten gran importancia no resultado final. A invitación, está incompleta cuns buratiños entre palabras, esa é a clave desa peza de plomo; metendo a peza en cada buratiño completase o texto da invitación. Un produto enxeñoso á vez de divertido.

Eiii !! esquezo decirvos que podedes ver máis imaxes nesta web do produto pulsado na folliña de enriba da foto.


No hay comentarios: