miércoles, 3 de febrero de 2010

O embarazo dun home.



Fai algún tempo escoitei na tv que un home estaba embarazado, a verdade non atendín moito a historia porque estábano comentado nun programa do corazón ,dos cales non son moi aficionado. Hoxe mirando fotos de océanos petei con esta foto dun cabaliño de mar, pensei, " que raro! ", e púxenme a buscar información destas especies. Entre todo o que topei algo me fixo recordar a historia da tv. Resulta, que nunha parella de cabaliños de mar e o home o que da a luz despois de que a femia deposite uns ovos na bolsa da parella. A verdade que quixen comprobar en outras especies se pasaba isto. Inda que sexa pouco común entre a natureza, si me topei con diferentes especies nas cales o home realiza o traballo da muller en solitario coidando das crías. Como anécdota, fai uns anos no Zoo de Washington, D.C., un macho de ñandú escavou un niño, sentouse sobre os ovos, e ensinou a comer os pequenos, cando unha femia se achegaba preto deles silbaba para defendelos.


No hay comentarios: