Dende fai anos comentan que os céntimos de euro desaparecerán. Estas moedas de supermercado -como eu apodei- son de 1, 2 e 5 céntimos, dunha cor roxa e están realizadas de aceiro recuberto de cobre. Continuanlle na cadea 10,20 e 50 céntimos, de cor amarela, realizadas cunha aleación de cobre. Anos antes da súa posta en circulación pensouse en utilizar níquel en cinco destas moedas de euro (10, 20 y 50 céntimos xunto con 1€ e 2€), ó final decidiuse utilizar níquel só nas dúas últimas moedas. No ano 2001, o 86% das moedas de euro acuñadas non contiñan níquel, fronte un 25% das antigas moedas nacionais en circulación. Non entrarei nesta materia, porque quero saltar de continente para chegar ós Estados Unidos.
Eses céntimos europeos que ninguén quere, que ó final rematan en mesillas, en tarros, en sofás ... parece que en Estados Unidos están de moda; ós estadounidenses son grandes consumidores de centavos, como se chaman alí. O departamento do tesouro americano lanzou o ano pasado catro modelos de moedas de centavos novos, motivado polo bicentenario do nacemento de Lincoln. A diferenza coas da época de Lincoln é a cantidade de cobre, case inexistente nas novas. Dende 1982, realízanas cun 97% de cinc, un metal que actualmente escasea é ten moito máis valor que naquel momento. Os analistas, comentan que todos estes centavos deixan de funcionar despois da primeira transacción, rematando igual que en Europa en caixóns, mesillas e botes ... Retiralas da circulación suporía un aforro de millóns de dólares en impostos, tamén afirman que o redondeo nos prezos ata 5 centavos non afectaría o prezo final do consumidor. ¿Entón porque non se retiran dunha vez? a resposta está clara; pola industria do cinc, que se reparte suculentos dividendos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario